sábado, 12 de marzo de 2011

UNHA NOVA VISITA.

O venres pola mañá , a clase dos leóns tivemos a visita de Carlos o papi de Arantxa. Amosounos a través de fotos o seu traballo, como poñen os ladrillos, botan o ieso cunha máquina, pasan unha regla moi longa de aluminio para alisar, despois outra máis pequena para que quede ben liso. Ademáis, trouxo a clase, as ferramentas para que as viramos e as tocásemos e..... tamén fixemos a masa con ieso e auga. Foi unha clase moi amena, pasámolo moi ben e aprendemos cousas diferentes. Moitas gracias a Carlos por pasar un tempo con nós e ensinarnos o seu facer.



No hay comentarios:

Publicar un comentario