En días pasados , a clase dos leóns comezou un cadernillo novo que leva por título MULLERES TRABALLADORAS. A verdade é que imos un pouco atrasados , xa que o día da muller traballadora foi o 8 de marzo, pero hoxe por fin rematámolo e levámolo para a casa. Aprendemos moitas cousas , quen foi a 1ª muller astronauta, a 1ª mestra, que tamén hai mulleres científicas, e o que máis nos sorprendeu foi descubrir quen inventou o limpaparabrisas, sabedes?????? FOI UNHA MULLER, case nada. Ademáis de facer o cadernillo, fixemos o mural da entrada coa colaboración dos tigres. Invitamos a todos a que o vexades.
.Pero sen lugar a dúbida, a muller máis importante nas nosas vidas é a nosa MAMI e tamén a máis traballadora, a máis mellor, habia que vernos como fachendábamos delas , cando as presentamos aos nosos compis, queredes velo???????.
No hay comentarios:
Publicar un comentario