lunes, 28 de febrero de 2011

UN TIPI BERGANTERO.

O xoves pola tarde os tigres e os leóns, convertemos o patio do cole nun campamento indio, onde todos traballamos moito. Estivemos decorando a tea que vai cubrir o noso tipi e como podedes ver a continuación quedounos bastante chuli. Facer esto  foi posible á axuda das mamis que sempre  están aí cando as necesitamos, MOITAS GRACIAS.




E como sabemos que vos gustan moito as receitas, ahí vai, a fórmula máxica para construir un tipi:

domingo, 27 de febrero de 2011

Jau, eu torito loco,....

Os tigres cada vez están máis metidos no mundo dos indios e é que levan xa uns días descubrindo moitas cousas deles...o primeiriño de todos foi Saúl, que trouxo á aula un debuxo dun indio nunha canoa...primeira palabra que aprendimos relacionada coa su vida e despois un totem, que sabía que representaba a historia dunha tribu... así que nós tamén debiamos ter un...e pensamos moito como facelo porque os troncos de madeira non era unha boa solución...así que chegamos á conclusión de que as caixas de cartón serían fantásticas para conseguilo... agora estamos recopilándoas e vendo posibilidades.


Pablo tamén trouxo dous tomos de enciclopedias grazas aos que soupemos outras palabras poderosas relacionadas cos indios como o tomahawk, hacha india, e que buscamos tamén en Internet








Seguimos practicando a danza india unhas veces cazando a pé, outras en canoa,...e contando os peixes que collemos en cada saída!!!









Como todo indi@ que se prece temos xa case os nosos traxes e colares e a raíz da lectura do libro: Pequeno Sioux puxémonos os nosos propios nomes, que eran a suma dun nome dun animal e un adxetivo.
E non vexades que chulos están quedando os nosos paos de chuvia, que pintamos no cole e decoramos coa colaboración das familias,...



Como tod@s sabedes xa decoramos a tea para construir (esta semana) un tipi. Mañá posiblemente aparecerá no blog o slide ensinando o traballo conxunto que fixemos tigres e leóns...non o podedes perder!!!

QUEDA POUCO .....

Cada vez queda menos para que cheguen os indios ao cole e témonos que ir preparando.Durante esta semana que remata a clase dos leóns fixemos de todo, desde comer rosquillas ata pintar en tea, pasando por:
- contar, - facer flores para os nosos convidados ( case temos a axenda completa, con decir, que estamos dando cita para despois do entroido,) - fixemos experimentos ,- lemos na pantalla, - asistimos a unha clase de cociña moi especial, - estamos a rematar o noso disfraz, - coñecemos o irmán do paiaso r,o rr e escribimos palabras con eles, - decoramos a nosa presentación para o corredor.
Como vedes seguimos moi aplicadiños.


viernes, 25 de febrero de 2011

"Falounos do diñeiro"

O martes pola tarde visitou a aula dos tigres a mamá de Miguel S. ...cunha morea de cartos!!!! Gema veu falarnos do diñeiro, do lugar onde o podemos atopar, da súa utilidade ... e a mostrarnos moedas e billetes antigos e actuais. Trouxonos tamén unha lupa xigante para poder ver mellor os debuxos que tiñan gravados as moedas; con ela atopamos símbolos do noso país como a coroa, a cara do Rey,... non sabedes como abrimos os ollos cando sacou a moeda de ouro!!!!!!! Os billetes, que tamén tiñan reis e personaxes ilustres, como Rosalía de Castro, eran de diferentes cores, tiñan un, dous, tres,... díxitos,...que escribimos e debuxamos na nosa asemblea. Veredes que incluso tivemos tempo para xogar un pouquiño cos cartos que nos trouxera para o recuncho da casiña ...

E non sabedes de que nos enteramos???? De que os indios non tiñan cartos!!!!!!!!!


 
GRAZAS GEMA, POR AXUDARNOS SEMPRE TANTO!!!!!!!!!!!

martes, 22 de febrero de 2011

Cantando o Ani kuni arredor do tipi

Como tod@s sabedes este entroido os tigres e os leóns iremos disfrazados de indios. As aulas están comezando a transformarse nun auténtico poboado indio... nomes indios, traxes, penacho, tipi e ata danza ...unha de indios de verdade!!! Como é a que bailaremos o 4 de marzo e sabemos que virán algunhas familias para acompañarnos queremos deixarlles aquí tanto a canción como a letra, para que a vaian practicando. En breve colgaremos os xestos que asociaremos a cada parte da canción.

A-ni ku-ni....
Ani-kuni....
Kau- na- ni (bis)




Awa-wa, bica-na, Ka-i- na
Awa-wa, bica-na, Ka-i- na

E-a-u-ni, bis- si- ni

e-a-u-ni, bis- si- ni

Mirade que diferente quedaría se o dixesemos en galego:
Nas noites cando a lua
como prata se eleva
  e a selva ilumina
  e tamén a pradera
vellos lobos da tribu cantan
ao gran espírito
ao espírito do lume
 

Ademáis tamén vos deixamos un exemplo de como realizar un pao de chuvia. No cole xa os temos todos pintadiños, pero seguramente pediremos a vosa colaboración para rematalos na casa. Gustarianos que en troques de clavos puxerades escarvadentes, por iso de facelo menos perigoso!!!!!!

ARRECENDE NO CORREDOR.

Hoxe pola tarde a mami e máis a avoa de Rubén, viñeron pasar un rato con nós, os leóns e tamén a ensinarnos a facer rosquillas. Chegaron cargadas con todos os ingredientes necesarios para facelas e tamen cunha freidora eléctrica, onde as freiron. Nós, axudamoslles a amasalas e a darlles a forma. Que ben o pasamos e como disfrutamos e sobre todo que ricas nos sairon, ou non???????, porque seguro que algunha chegou a casa e as probastes. Moitas graciñas as nosas cociñeiras.


domingo, 20 de febrero de 2011

ALÁ VAI OUTRA SEMANA.

A clase dos leóns estamos a traballar e a recibir visitas de papis e mamis que nos amosan un motón de cousas, desta vez tocou a familia de Judit e de María.
Ademáis fixemos outras cousas que volas resumimos deseguido :
- celebramos a Candeloria, pintando , recortando e pegando paxariños polo corredor,
- escribimos no encerado dixital e na pizarra da clase,
- fixemos a portada do cadernillo da florista e a dos leóns,
- coñecemos o paiaso r e fixemos globoflexia
- fomos xornalista por un tempo, redactando unha noticia e fixemos anaquiños cos papeis dos xornais....para qué será.....
- e houbo tempo para xogar cos puzzles, para facer no tapiz.
- e metemos na carpeta moitas notas para que as leades, algúns de nós xa o fixemos na clase.



sábado, 19 de febrero de 2011

"Tigres y leones"

Agora cos tigres e leóns rematamos os nosos proxectos queremos deixarvos aquí unha canción que a familia da tigresa Candela aportou ao proxecto y que nos fixo moita, moita gracia. Seguramente os máis maiores xa a coñeceredes...



 Por se queredes aprendela para cantala con nós, aquí tendes parte da letra:

Tigres (¡tigres), leones (¡leones!)
todos quieren ser los campeones.
Tigres (¡tigres), leones (¡leones!)
todos quieren ser los campeones.

Son los tigres los más fuertes, los más duros de pelar
más peleones que tragones, mucho más (¡Tigres!)
Más gigantes que elefantes,
más valientes que Tarzán
Son los tigres los mejores, ra ra ra (ra ra ra)

Tiiigres (¡tigres!), leones (¡leones!)
todos quieren ser los campeones.
Tiiigres (¡tigres!), leones (¡leones!)
todos quieren ser los campeones.

Los leones dicen que son fardones (¡Leones!)
los mejores del África Central
los más duros y los más melenudos
los mejores, ra ra ra (¡ra ra ra! ¡ra ra ra! ¡ra ra ra!) ...

E estas foron outras aportacións que nos axudaron a coñecer un pouquiño máis aos tigres:

viernes, 18 de febrero de 2011

CLINICA VETERINARIA

O xoves pola tarde a clase dos leóns , converteuse nunha clínica veterinaria.Viñeron a visitarnos dous cans , un pastor alemán chamado Fany e un cachorrin que se chamaba Lluvia. A Fany oimoslle como latexaba o seu corazón co fonendoscopio (vai palabriña) e como obedecía as ordes que lle daba María (os seus pais son os que trouxeron os cans), como se sentaba e se deitaba. Ainda que penso que o que máis nos gustou foi coller no colo a Lluvia, como ides ver de seguido somos uns expertos cos cans. O noso agradecemento aos pais de María.


miércoles, 16 de febrero de 2011

Enamorados en San Valentín

Xa que este trimestre a emoción a traballar é O AMOR que mellor día para ler o libro Enamorados, de Kókinos, que o día de San Valentín, porque ...que é iso de estar namorado??? é volverse un pouco tolo ou estar maliño???namorarse sempre é cousa de dous? hai que levar paraugas para estar namorado?...uffff!!! que complicado eso do amor....

O luns os nen@s puideron traer ao colexio todo o que eles quixeron relacionado co amor: un corazón debuxado, peluches, algún colgante e ata globos do amor (agasallo da familia de Pablo para cada un dos nen@s)... que encheron toda a asemblea!!!!



Para que os nosos globos tamén levasen unha mensaxe contundente escrita puxeron en cada un deles: TE QUIERO. 


Sabemos que ademais de "TE QUIERO" hai moitas máis palabras doces, esas que cando as decimos provocan sorrisos, bicos e abrazos, como: "SONREIR, MI AMOR, CORAZÓN, GUAPO, BESO, QUERID@, PAZ, NAVIDAD".....

Estas palabras doces que tanto nos gustan escribímolas dentro dun corazón con paxariños que colgaremos na entrada do colexio. Queremos festexar así tamén a Candeloria, festa coa que se conmemora o casamento dos paxaros... e é que en Galicia tamén temos UNHA FESTA PROPIA DO AMOR E DO CARIÑO!!!!!!!

martes, 15 de febrero de 2011

UNHA CLASE DE DEFENSA.

Como rei da selva que é, o león , ten que saber defenderse de todos os perigos que pode atopar.O martes, a clase dos leóns tivemos a sorte de contar cun entrenador particular que nos ensinou un montón de cousas:
- antes de facer deporte hai que quentar para estirar os musculos,
- sempre temos que ter protexida a cara,
- hai que empezar a facer deporte desde pequeno,
- unha vez rematado o exercicio debemos estirar.
Queremoslles dar as gracias a Rubén e a Rosana por pasar parte do seu tempo na nosa clase, moitos bicos e graciñas.
Como supoñemos que queredes ver os exercicios que fixemos , adiante.....



domingo, 13 de febrero de 2011

Bicos de sabores para as familias

Aínda que quedan tres semanas para o entroido a clase dos tigres xa ten os disfraces preparados dende hai tempo... e que estas familias non sabedes o traballadoriñas que son!!! Convidámolas a axudarnos na súa elaboración e coma sempre non dubidaron en presentarse na aula con moitas ganas e moito entusiasmo e...corta que te corta, engrapa que te engrapa e pega que te pega ... deixaron os 25 feitos nun par de horas!!
Para agradecerllo os tigres inspirámonos no cadro: "lips stamped" de Warhol, que a profe coñeceu grazas ao blog de Laura.


Falamos do cadro, do número de bicos que aparecían, dos sabores que poderían ser e dos que nós podiamos poñer... e decidimos enviarllo a cada familia que participara. Aquel neno que non quixo pintar os beizos puido enviarlle o seu agradecemento en forma de pegada, que decidiron que fose amarela, sabor plátano. Ademais tamén quixémosllo poñer por con palabras e por grupos escribiron: "MUCHAS GRACIAS POR AYUDARNOS". Normalmente é a profe a que transcrebe o que cada tigre pon, pero nesta ocasión foi o fill@ de cada agasallad@ o que copiou a frase escrita como o fan os maiores debaixo,...

viernes, 11 de febrero de 2011

VIAXES...FLORES....E MOITAS COUSAS MÁIS.....

Non vaiades a pensar que entre viaxe e viaxe, e flor e flor os leóns non fixemos nada máis .Se pensades eso estades moi equivocados e para sacarvos do voso erro ímosvos contar e amosar algunhas das cousas que fixemos ao longo da semana.Aí van....

- Para empezar, o luns cando chegamos a clase tiñamos novos recantos, o de médicos , o de medidas e o rincón do mar; para os cales fomos levando cousiñas,unhas cunchas preciosas ,caixas de medicamentos ......
- Traballamos no cadernillo das floristas (ainda non o rematamos)
- Estamos a facer unha regadeira ...
- Coñecemos a un señor camareiro ....a letra v
- Andivemos a voltas co disfraz,
- Do proxecto dos leóns, só nos queda ordenar e facer a portada,
- A nosa compi Mariana xa voltou de vacacións e trouxonos uns chocolates,ricos,ricos,
- E como non , tamén fixemos algún traballo individual de fichas.
Como vedes non paramos.A ver o que nos depara a vindeira semana...
BIQUIÑOS A TODOS E MOI EN ESPECIAL A ROSANA POR ADICARNOS PARTE DO SEU TEMPO....



UN RAMO PARA TI



O xoves pola tarde os leóns; disfrutamos dunha aprendizaxe diferente , tivemos a sorte; de ter con a Rosana (a mami de Judit) unha florista guay. Ensinounos que ademáis de vender flores, as floristas fan un montón de cousas: arreglos florais para vodas, bautizos,comunións,ramos de noiva,centros,coroas.Como vedes traballan moito e ben. Despois de amosarnos algúns dos seus traballos que tiña recollidos en fotos nun libro, ensinounos a facer un ramo e despois (como xa sabedes )levámolo para a casa .
Para facer o ramo usamos:- helecho cero,- paniculata,- trefeerm,- belgrass,- rosa versilia ,- papel e lazo, e todas elas e de forma desinteresada trouxoas a nosa florista particular.Tamén fixemos flores de papel que puxemos nun fermoso xarrón e que adorna a nosa clase.Como supoñemos que queredes ver todo o que aprendemos e fixemos, aí tedes unha mostra e darlle moitas, moitas, moitas, moitas moitas graciñas a nosa florista particular.