domingo, 27 de febrero de 2011

Jau, eu torito loco,....

Os tigres cada vez están máis metidos no mundo dos indios e é que levan xa uns días descubrindo moitas cousas deles...o primeiriño de todos foi Saúl, que trouxo á aula un debuxo dun indio nunha canoa...primeira palabra que aprendimos relacionada coa su vida e despois un totem, que sabía que representaba a historia dunha tribu... así que nós tamén debiamos ter un...e pensamos moito como facelo porque os troncos de madeira non era unha boa solución...así que chegamos á conclusión de que as caixas de cartón serían fantásticas para conseguilo... agora estamos recopilándoas e vendo posibilidades.


Pablo tamén trouxo dous tomos de enciclopedias grazas aos que soupemos outras palabras poderosas relacionadas cos indios como o tomahawk, hacha india, e que buscamos tamén en Internet








Seguimos practicando a danza india unhas veces cazando a pé, outras en canoa,...e contando os peixes que collemos en cada saída!!!









Como todo indi@ que se prece temos xa case os nosos traxes e colares e a raíz da lectura do libro: Pequeno Sioux puxémonos os nosos propios nomes, que eran a suma dun nome dun animal e un adxetivo.
E non vexades que chulos están quedando os nosos paos de chuvia, que pintamos no cole e decoramos coa colaboración das familias,...



Como tod@s sabedes xa decoramos a tea para construir (esta semana) un tipi. Mañá posiblemente aparecerá no blog o slide ensinando o traballo conxunto que fixemos tigres e leóns...non o podedes perder!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario