viernes, 18 de febrero de 2011

CLINICA VETERINARIA

O xoves pola tarde a clase dos leóns , converteuse nunha clínica veterinaria.Viñeron a visitarnos dous cans , un pastor alemán chamado Fany e un cachorrin que se chamaba Lluvia. A Fany oimoslle como latexaba o seu corazón co fonendoscopio (vai palabriña) e como obedecía as ordes que lle daba María (os seus pais son os que trouxeron os cans), como se sentaba e se deitaba. Ainda que penso que o que máis nos gustou foi coller no colo a Lluvia, como ides ver de seguido somos uns expertos cos cans. O noso agradecemento aos pais de María.


No hay comentarios:

Publicar un comentario