viernes, 11 de febrero de 2011

UN RAMO PARA TI



O xoves pola tarde os leóns; disfrutamos dunha aprendizaxe diferente , tivemos a sorte; de ter con a Rosana (a mami de Judit) unha florista guay. Ensinounos que ademáis de vender flores, as floristas fan un montón de cousas: arreglos florais para vodas, bautizos,comunións,ramos de noiva,centros,coroas.Como vedes traballan moito e ben. Despois de amosarnos algúns dos seus traballos que tiña recollidos en fotos nun libro, ensinounos a facer un ramo e despois (como xa sabedes )levámolo para a casa .
Para facer o ramo usamos:- helecho cero,- paniculata,- trefeerm,- belgrass,- rosa versilia ,- papel e lazo, e todas elas e de forma desinteresada trouxoas a nosa florista particular.Tamén fixemos flores de papel que puxemos nun fermoso xarrón e que adorna a nosa clase.Como supoñemos que queredes ver todo o que aprendemos e fixemos, aí tedes unha mostra e darlle moitas, moitas, moitas, moitas moitas graciñas a nosa florista particular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario