miércoles, 16 de febrero de 2011

Enamorados en San Valentín

Xa que este trimestre a emoción a traballar é O AMOR que mellor día para ler o libro Enamorados, de Kókinos, que o día de San Valentín, porque ...que é iso de estar namorado??? é volverse un pouco tolo ou estar maliño???namorarse sempre é cousa de dous? hai que levar paraugas para estar namorado?...uffff!!! que complicado eso do amor....

O luns os nen@s puideron traer ao colexio todo o que eles quixeron relacionado co amor: un corazón debuxado, peluches, algún colgante e ata globos do amor (agasallo da familia de Pablo para cada un dos nen@s)... que encheron toda a asemblea!!!!



Para que os nosos globos tamén levasen unha mensaxe contundente escrita puxeron en cada un deles: TE QUIERO. 


Sabemos que ademais de "TE QUIERO" hai moitas máis palabras doces, esas que cando as decimos provocan sorrisos, bicos e abrazos, como: "SONREIR, MI AMOR, CORAZÓN, GUAPO, BESO, QUERID@, PAZ, NAVIDAD".....

Estas palabras doces que tanto nos gustan escribímolas dentro dun corazón con paxariños que colgaremos na entrada do colexio. Queremos festexar así tamén a Candeloria, festa coa que se conmemora o casamento dos paxaros... e é que en Galicia tamén temos UNHA FESTA PROPIA DO AMOR E DO CARIÑO!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario