Non vaiades a pensar que entre viaxe e viaxe, e flor e flor os leóns non fixemos nada máis .Se pensades eso estades moi equivocados e para sacarvos do voso erro ímosvos contar e amosar algunhas das cousas que fixemos ao longo da semana.Aí van....
- Para empezar, o luns cando chegamos a clase tiñamos novos recantos, o de médicos , o de medidas e o rincón do mar; para os cales fomos levando cousiñas,unhas cunchas preciosas ,caixas de medicamentos ......
- Traballamos no cadernillo das floristas (ainda non o rematamos)
- Estamos a facer unha regadeira ...
- Coñecemos a un señor camareiro ....a letra v
- Andivemos a voltas co disfraz,
- Do proxecto dos leóns, só nos queda ordenar e facer a portada,
- A nosa compi Mariana xa voltou de vacacións e trouxonos uns chocolates,ricos,ricos,
- E como non , tamén fixemos algún traballo individual de fichas.
Como vedes non paramos.A ver o que nos depara a vindeira semana...
BIQUIÑOS A TODOS E MOI EN ESPECIAL A ROSANA POR ADICARNOS PARTE DO SEU TEMPO....
No hay comentarios:
Publicar un comentario