Aínda que quedan tres semanas para o entroido a clase dos tigres xa ten os disfraces preparados dende hai tempo... e que estas familias non sabedes o traballadoriñas que son!!! Convidámolas a axudarnos na súa elaboración e coma sempre non dubidaron en presentarse na aula con moitas ganas e moito entusiasmo e...corta que te corta, engrapa que te engrapa e pega que te pega ... deixaron os 25 feitos nun par de horas!!
Para agradecerllo os tigres inspirámonos no cadro: "lips stamped" de Warhol, que a profe coñeceu grazas ao blog de Laura.
Falamos do cadro, do número de bicos que aparecían, dos sabores que poderían ser e dos que nós podiamos poñer... e decidimos enviarllo a cada familia que participara. Aquel neno que non quixo pintar os beizos puido enviarlle o seu agradecemento en forma de pegada, que decidiron que fose amarela, sabor plátano. Ademais tamén quixémosllo poñer por con palabras e por grupos escribiron: "MUCHAS GRACIAS POR AYUDARNOS". Normalmente é a profe a que transcrebe o que cada tigre pon, pero nesta ocasión foi o fill@ de cada agasallad@ o que copiou a frase escrita como o fan os maiores debaixo,...
No hay comentarios:
Publicar un comentario