viernes, 25 de febrero de 2011

"Falounos do diñeiro"

O martes pola tarde visitou a aula dos tigres a mamá de Miguel S. ...cunha morea de cartos!!!! Gema veu falarnos do diñeiro, do lugar onde o podemos atopar, da súa utilidade ... e a mostrarnos moedas e billetes antigos e actuais. Trouxonos tamén unha lupa xigante para poder ver mellor os debuxos que tiñan gravados as moedas; con ela atopamos símbolos do noso país como a coroa, a cara do Rey,... non sabedes como abrimos os ollos cando sacou a moeda de ouro!!!!!!! Os billetes, que tamén tiñan reis e personaxes ilustres, como Rosalía de Castro, eran de diferentes cores, tiñan un, dous, tres,... díxitos,...que escribimos e debuxamos na nosa asemblea. Veredes que incluso tivemos tempo para xogar un pouquiño cos cartos que nos trouxera para o recuncho da casiña ...

E non sabedes de que nos enteramos???? De que os indios non tiñan cartos!!!!!!!!!


 
GRAZAS GEMA, POR AXUDARNOS SEMPRE TANTO!!!!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario